DATOS DA PELÍCULA:

Título: Glup unha Aventura sen Desperdicio

Ano: 2003

Nacionalidade: España

Duración: 65 minutos

Idade recomendada: Tódolos públicos

SINOPSE:

Todo comeza cando Alicia descobre, xunto ao seu amigo Tomás, a arte da reciclaxe e o verdadeiro valor das cousas e como hoxe en día se compra e tira continuamente. Así consegue coas súas propias mans arranxar unha vella radio.Un día descobre que a súa nai tirou a súa obra para substituíla por unha nova. Doída e anoxada sae en procura do camión do lixo para recuperala. Unha vez chega ao vertedoiro, sufrirá un golpe que a deixará inconsciente durante un bo intre. Cando esperta, atópase nunha especie de Nova York do lixo onde os edificios son en realidade cheas de lixo e os seus cidadáns non son máis que obxectos refugados polos seus donos. Alí coñece a unha gabardina-detective, chamada Glup, que lle alerta sobre o perigoso tirano do vertedoiro, Don Bater, que lle roubou a radio. Xuntos tentarán impedir que a destrúa e axudala a regresar a casa.


Tráiler en inglés