DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: Gangster Squad.

Ano: 2013.

Nacionalidade: EE.UU.

Xénero: Acción / Crime / Drama / Thriller.

Duración: 112 minutos.

Idade recomendada: Maiores de 16 anos.

Dirección: Ruben Fleischer.

Produción: Dan Lin, Kevin McCormick e Michael Tadross.

Guión: Will Beall e Paul Lieberman.

Fotografía: Dion Beebe.

Música: Steve Jablonsky.

Reparto: Sean Penn, Holt McCallany, Wade Williams, James Landry Hébert, Ambyr Childers, Josh Brolin, Mick Betancourt, Mac Brandt, Brandon Molale, Michael Papajohn, Jeff Wolfe, Anthony Molinari, Austin Highsmith, Ryan Gosling, Neil Koppel.

SINOPSE:

Nos Ánxeles de 1949, o gángster "Mickey" Cohen, nado en Brooklyn, é o implacable xefe da mafia, dirixe a cidade ao seu antollo e todo pasa por el: armas, drogas, prostitutas e calquera obxecto roubado. O seu clan protéxeo e venérao, considérao o seu líder. As súas influencias chegan mesmo ao departamento de policía e a algún que outro membro da política local. Pero un equipo especial da do departamento de policía dos Ánxeles, liderado polos sarxentos John O'Mara e Jerry Wooter, non se deixará influenciar nin intimidar por Cohen e intentarán a toda costa detelo e destruír o seu imperio.


Tráiler en galego

Tráiler en español