DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: Escape from Fort Bravo.

Ano: 1953.

Nacionalidade: EE.UU.

Xénero: Western.

Duración: 95 minutos.

Idade recomendada: Maiores de 18 anos.

Dirección: John Sturges.

Produción: Nicholas Nayfack.

Guión: Frank Fenton, Phillip Rock e Michael Pate.

Fotografía: Robert Surtees.

Música: Jeff Alexander.

Reparto: William Holden, Eleanor Parker, John Forsythe, William Demarest, William Campbell, Polly Bergen, Richard Anderson, Carl Benton Reid, John Lupton.

SINOPSE:

Ambientada en Arizona en 1860 durante a Guerra Civil dos Estados Unidos. En Fort Bravo están recluídos algúns dos oficiais confederados da guerra de secesión, sempre pensando na fuga, situado en pleno territorio indio poboado polos belicosos apaches mescaleros. Un oficial unionista é encargado de vixiar un campo de prisioneiros confederados. Un pequeno grupo de presos, axudado por unha muller, logra fuxir, e na súa busca vai o duro e severo capitán Roper, este e os fuxitivos deberán deixar ao carón as súas diferenzas para facer fronte a un inesperado inimigo común: os xinetes mescaleros.


Tráiler en inglés