DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: Sphere

Ano: 1998

Nacionalidade: Estados Unidos

Xénero: Ciencia ficción. Fantástico. Intriga

Duración: 134 minutos

Idade recomendada: Maiores de 7 anos

Dirección: Barry Levinson

Produción: Warner Bros. Pictures

Guión: Stephen Hauser, Paul Attanasio (Novela: Michael Crichton)

Música: Elliot Goldenthal

Reparto: Dustin Hoffman, Sharon Stone, Samuel L. Jackson, Peter Coyote, Liev Schreiber, Queen Latifah. . .

SINOPSE:

Algo máis de 20.000 leguas baixo o mar, nun remoto lugar en medio do Océano Pacífico, escóndese un dos misterios mellor gardados do goberno americano. Illaron o que podería ser o maior descubrimento na historia da humanidade, unha nave de estrutura aparentemente extraterrestre que se conserva intacta nas profundidades do océano, dende hai case 300 anos. Un equipo de científicos viaxa ao fondo mariño cunha inquietante misión: analizar a nave e encontrar respostas. . .