DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: Dodge City.

Ano: 1939.

Nacionalidade: EE.UU.

Xénero: Western.

Duración: 104 minutos.

Idade recomendada: Tódolos públicos.

Dirección: Michael Curtiz.

Produción: Robert Lord, Hal B. Wallis.

Guión: Robert Buckner.

Fotografía: Sol Polito.

Música: Max Steiner.

Reparto: Errol Flynn, Olivia de Havilland, Ann Sheridan, Bruce Cabot, Frank McHugh, Alan Hale, John Litel, Henry Travers, Henry O'Neill, Victor Jory, William Lundigan, Guinn 'Big Boy' Williams, Bobs Watson, Gloria Holden, Douglas Fowley.

SINOPSE:

Kansas, 1866. Errol Flynn intenta impoñer a orde e a xustiza en Dodge City, unha próspera cidade á que chega o ferrocarril, pero que está dominada por un cacique e a súa banda de pistoleiros. No seu empeño axúdalle Olivia de Havilland, a sobriña do médico local.