DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: Cats & Dogs: The Revenge of Kitty Galore.

Ano: 2010.

Nacionalidade: EE.UU., Australia.

Xénero: Acción / Comedia / Familiar.

Duración: 82 minutos.

Idade recomendada: Tódolos públicos.

Dirección: Brad Peyton.

Produción: Polly Johnsen e Andrew Lazar.

Guión: Ron J. Friedman e Steve Bencich.

Fotografía: Steven Poster.

Música: Christopher Lennertz.

Reparto: James Marsden, Nick Nolte, Christina Applegate, Katt Williams, Bette Midler, Neil Patrick Harris, Sean Hayes, Wallace Shawn, Roger Moore, Joe Pantoliano, Michael Clarke Duncan, Chris O'Donnell, Jack McBrayer, Fred ArmisenKiernan Shipka.

SINOPSE:

Na antiga batalla entre gatos e cans, unha felina tola pasouse bastante da raia. Kitty Galore, unha antiga axente da organización de gatos espías MIAU, volveuse argalleira e ideou un plan diabólico non só para derrotar aos seus inimigos caninos, senón para subxugar aos seus antigos compañeiros felinos e dominar o mundo. Fronte a esta ameaza sen precedentes, os gatos e os cans vense obrigados a unir as súas forzas por primeira vez na historia nunha insólita alianza para salvarse a si mesmos e aos seus amos.


Trailer en portugués