DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: House of Sand and Fog

Ano: 2003

Nacionalidade: Estados Unidos

Xénero: Drama

Duración: 117 minutos

Idade recomendada: Maiores de 18 anos

Dirección: Vadim Perelman

Produción: Michael London, Vadim Perelman

Guión: Andre Dubus III, Vadim Perelman

Fotografía: Roger Deakins, David Stockton

Música: James Horner

Reparto: Jennifer Connelly, Ben Kingsley, Ron Eldard, Frances Fisher, Kim Dickens,...

SINOPSE:

Cando un erro burocrático obriga a Kathy Nicolo a desaloxar a súa vivenda por unha orde de sesafiuzamento, fica na rúa, incapaz de impedir que a casa sexa subastada por unha fracción do seu valor real. O novo dono, Massoud Amir Behrani, ve a casa como a consecución do soño americano que leva perseguindo dende que hai anos saira de Irán con toda a súa familia. Antigo coronel das Forzas Aéreas Iranís, Behrani viuse obrigado a traballar en empregos moi modestos para poder manter as aparencias. Agora invertiu ata o último céntimo dos seus aforros na compra da casa que, por fin, lle dará á súa familia a prosperidade na que viviu no pasado.