DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: Red Riding Hood.

Ano: 2011.

Nacionalidade: EE.UU. e Reino Unido.

Xénero: Fantástico / Terror / Misterio / Thriller.

Duración: 100 minutos.

Idade recomendada: Maiores de 12 anos.

Dirección: Catherine Hardwicke.

Produción: Leonardo DiCaprio, Jennifer Davisson Killoran e Julie Yorn.

Guión: David Johnson.

Música: Alex Heffes e Brian Reitzell.

Reparto: Amanda Seyfried, Gary Oldman, Billy Burke, Shiloh Fernandez, Max Irons, Virginia Madsen, Lukas Haas, Julie Christie, Shauna Kain, Michael Hogan, Adrian Holmes, Cole Heppell, C. Willes, Michael Shanks.

SINOPSE:

Durante décadas os habitantes de Daggerhorn mantiveron un pacto co lobishome. Sacrifican un animal unha vez ao mes para saciar o apetito da besta cada lúa chea. Pero baixo unha lúa de cor vermello sangue, o lobishome lévase a vida dun ser humano. A vítima é a irmá maior de Valerie, unha fermosa moza que acaba de descubrir que os seus pais van casala con Henry, o herdeiro da familia máis rica do pobo. Pero ela está namorada de Peter, o humilde leñador ao que amou toda a súa vida.