DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: Good Day for a Hanging

Ano:1959

Nacionalidade: E.U.A.

Xénero: Western

Duración: 85 min.

Idade recomendada: Maiores de 7 anos

Dirección: Nathan Juran

Produción: ColumbiaColor

Guión: John Reese

Fotografía: Henry Freulich

Reparto: Fred MacMurray, Margaret Hayes, Robert Vaughn

SINOPSE:

Uns foraxidos son perseguidos despois de roubar un banco. Na persecución matan o marshal e cae ferido Eddie, mozo pertencente á banda, a quen Ben acusa do asasinato. O pobo pídelle a Ben que ocupe o lugar do marshal, este acepta o posto e organiza o xuízo. Eddie é declarado culpable e condenado a morrer na forca, ao que se opón Laurie, filla de Ben, quen noutro tempo estivera namorada do rapaz. Esta non cre que sexa capaz de matar, polo que mesmo intenta axudalo a fuxir. O pobo reconsidera a súa actitude, decidindo pedir o indulto para Eddie; con todo, Ben está seguro que o viu disparar contra o marshal.