DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: Beowulf.

Ano: 2007.

Nacionalidade: EE.UU., Gran Bretaña.

Xénero: Animación.Aventura / Drama / Fantástico.

Duración: 113 minutos.

Idade recomendada: Maiores de 12 anos.

Dirección: Robert Zemeckis.

Produción: Jack Rapke.

Guión: Neil Gaiman e Roger Avary.

Fotografía: Robert Presley.

Música: Alan Silvestri.

Reparto: Robin Wright Penn, Anthony Hopkins, John Bilezikjian, Brice Martin, Sonje Fortag, Sharisse Baker-Bernard, Charlotte Salt, Julene Renee, Greg Ellis, Rik Young, Sebastian Roché, Leslie Harter Zemeckis, John Malkovich, Woody Schultz, Tyler Steelman.

SINOPSE:

Dinamarca, ano 507. O rei Hrothgar construíra unha nova sala de festexos, onde unha das celebracións perturba o monstro Grendel, que acode para asasinar a maioría dos festexantes. Hrothgar desafía a Grendel, pero este rexeita enfrontarse. De regreso á gorida, o monstro é amoestado pola súa nai. Ao día seguinte, Hrothgar pecha a sala de celebracións e ofrece a metade do ouro do seu reino a quen sexa capaz de matar a Grendel. Beowulf e os seus homes chegan ofrecéndose a eliminar o monstro. Cando conseguen o seu obxectivo, Beowulf é convertido nun heroe, pero a nai do monstro, enfurecida pola morte de seu fillo, iniciará a súa particular vinganza.


Tráiler en inglés