DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: Astérix conquers America

Ano: 1994

Nacionalidade: Francia, Alemaña

Xénero: Animación. Comedia. Aventuras

Duración: 85 minutos

Idade recomendada: Tódolos públicos

Director: Gerhard Hahn

Guión: René Goscinny, Thomas Platt, Rhett Rooster (Cómic: René Goscinny, Albert Uderzo)

Música: Harold Faltermeyer

SINOPSE:

No transcurso dunha liorta de nenos, o caldeiro no que Panoramix está a preparar a poción máxica cae ao chan, derramando o prezado contido. O druída sae entón ao bosque a buscar os ingredientes para preparar unha nova marmita, pero é secuestrado polos romanos. Astérix e Obélix, coa axuda de Idéfix, descobren o feito e perseguen aos romanos para ceibar ao seu amigo. Os romanos teñen a intención de chegar ata os confíns do mar e botar a Panorámix ao precipicio do mundo (pois supoñen que é plano), pero atoparanse con América. E os dous pequenos galos van tras eles...