DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: Asassins

Ano: 1995

Nacionalidade: EEUU

Xénero: Acción

Duración: 121 minutos

Idade recomendada: Maiores de 16 anos

Dirección: Richard Donner

Produción: Warner Bros

Guión: Andy e Lana Wachovski

Reparto: Sylvester Stallone, Antonio Banderas, Julianne Moore.

SINOPSE:

Robert Rath, recrutado inicialmente pola urxente causa da Guerra Fría, levaba a cabo traballos para os que poucos homes estaban preparados e agora quere deixalo. Despois de ser o indiscutíbel número un, alguén chamado Miguel Bain comeza a acosar ese liderado. Apaixonado e ambicioso, este estudante de Historia goza coa emoción de matar e sabe que o seu momento chegou e que só Rath lle impide realizar o seu destino. No camiño de ambos os dous cruzarase Electra, unha experta en vixilancia e astuta ladroa no mundo da información.