DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: Edge of Darkness.

Ano: 2010.

Nacionalidade: EE.UU.

Xénero: Crime / Drama / Thriller.

Duración: 112 minutos.

Idade recomendada: Maiores de 18 anos.

Dirección: Martin Campbell.

Produción: Tim Headington e Graham King.

Guión: William Monahan e Andrew Bovell.

Música: Howard Shore.

Reparto: Mel Gibson, Ray Winstone, Danny Huston, Bojana Novakovic, Shawn Roberts, David Aaron Baker, Jay O. Sanders, Denis O'Hare, Damian Young, Caterina Scorsone, Frank Grillo, Wayne Duvall, Gbenga Akinnagbe, Gabrielle Popa, Paul Sparks.

SINOPSE:

Thomas Craven é un veterano investigador do departamento de policía de Boston cuxa filla de 24 anos, Emma, unha activista política que aparentemente tiña unha vida secreta, é asasinada. Tras esta tráxica perda, decide implicarse na investigación e descobre un sistema corrupto que acabou coa vida da persoa á que máis quería.