DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: Extreme Measures

Ano: 1996

Nacionalidade: EE.UU.

Xénero: Crimen / Drama / Misterio / Thriller

Duración: 118 minutos.

Idade recomendada: Maiores de 13 anos.

Dirección: Michael Apted.

Produción: Elizabeth Hurley.

Guión: Michael Palmer.

Música: Danny Elfman

Reparto: Hugh Grant, Gene Hackman, Sarah Jessica Parker, David Morse, Bill Nunn, John Toles-Bey, Paul Guilfoyle, Debra Monk, Shaun Austin-Olsen, André De Shields, J.K. Simmons, Peter Appel, Diana Zimmer

SINOPSE:

Guy Luthan, mozo e reputado doutor dun hospital de Nova York, asiste a un vagabundo con estraños síntomas que o fan falecer aos poucos minutos. Ante isto, Guy comeza a investigar as causas da morte, o que o conduce a descubrir unha rede de experimentos con humanos que se están levando en segredo.