DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: Final analysis.

Ano: 1992.

Nacionalidade: EE.UU.

Xénero: Thriller / Drama.

Duración: 119 minutos.

Idade recomendada: Maiores de 18 anos.

Dirección: Phil Joanou.

Produción: Paul Junger Witt, Charles Roven, John Solomon e Tony Thomas.

Guión: Robert Berger e Wesley Strick.

Música: George Fenton.

Reparto: Richard Gere, Kim Basinger, Uma Thurman, Eric Roberts, Paul Guilfoyle, Keith David, Robert Harper, Agustin Rodriguez, Rita Zohar, George Murdock, Shirley Prestia, Tony Genaro, Katherine Cortez, Wood Moy, Corey Fischer.

SINOPSE:

Diana Baylor, unha muller fráxil e con problemas psicolóxicos, visita a Isaac Barr, psiquiatra de prestixio. A personalidade de Diana, marcadamente influenciada por un pai incestuoso e violento e unha serie de acontecementos estraños, atrae o psiquiatra, que acepta tratala para pescudar o que se agocha detrás desa muller fermosa de presenza inestable. Para Barr, Diana é un desafío. Canso de casos máis ou menos previsibles, ten a oportunidade de internarse nunha mente escura e chea de fascinantes recursos.