DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: Alaska.

Ano: 1996.

Nacionalidade: EE.UU.

Xénero: Aventuras.

Duración: 103 minutos.

Idade recomendada: Tódolos Públicos.

Dirección: Fraser C. Heston.

Produción: Andy Burg e Carol Fuchs.

Guión: Andy Burg e Scott Myers.

Fotografía: Tony Westman.

Música: Reg Powell.

Reparto: Charlton Heston, Thora Birch, Vincent Kartheiser, Dirk Benedict, Duncan Fraser, Ben Cardinal, Ryan Kent, Don S. Davis.

SINOPSE:

Un ex-piloto comercial, que decidiu abrir novos camiños voando rutas novas e perigosas en Alaska para manter os seus dous fillos, sofre un accidente nunha misión de urxencia médica. Cando os fillos saen na súa busca encontran no camiño un osiño polar branco cuxa nai foi asasinada por un cazador furtivo que coñece o valor do cachorro no mercado negro e está tras dos pasos dos tres.