DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: Ali

Ano: 2001

Nacionalidade: Estados Unidos

Xénero: Biopic, deporte, drama, sexo.

Duración: 160 minutos

Idade recomendada: Maiores de 12 anos

Dirección: Michael Mann

Produción: Paul Ardaji, A. Kitman Ho, James Lassiter, Michael Mann, Jon Peters.

Guión: Stephen J. Rivele, Christopher Wilkinson, Eric Roth, Michael Mann.

Fotografía: Emmanuel Lubezki

Música: Pieter Bourke, Lisa Gerrard

Reparto: Will Smith, Jon Voight, Jamie Foxx, Jada Pinkett Smith, Mario Van Peebles, Ron Silver, Giancarlo Esposito, Jeffrey Wright, Mykelti Williamson, Nona Gaye, Michael Michele, Joe Morton, Alexandra Bokyun Chun, Barry Shabaka Henley, Ted Levine

 

SINOPSE:

Muhammad Ali, chamado antes de converterse ao islam Cassius Clay, transformou para sempre a vida de moitos americanos. Belinda, a súa muller; Angelo Dundee, o seu adestrador; Brew Brown, o seu conselleiro; Howard Bingham, o seu fotógrafo e biógrafo; e Fernie Pacheco, o seu doutor, todos personaxes moi próximos ao boxeador, foron testemuñas de excepción do seu comportamento arriscado e das súas accións fóra do común.  O filme narra a vida, tanto do home coma do campión, dende os seus comezos ata a gran pelexa contra Foreman en 1974.