DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: La zona.

Ano: 2007.

Nacionalidade: España / México.

Xénero: Drama.

Duración: 91 minutos.

Idade recomendada: Maiores de 12 anos.

Dirección: Rodrigo Plá.

Produción: Pilar Benito, Rafael Cuervo, Ricardo Fernández-Deu e Álvaro Longoria.

Guión: Laura Santullo e Laura Santullo.

Fotografía: Emiliano Villanueva.

Música: Fernando Velázquez.

Reparto: Daniel Giménez Cacho, Maribel Verdú, Carlos Bardem, Daniel Tovar, Alan Chávez, Mario Zaragoza, Marina de Tavira.

SINOPSE:

Alejandro é un adolescente que vive nunha zona residencial pechada, autosuficiente e cunha forte seguridade privada. Tanto a súa familia coma o resto dos residentes, obrigados pola crecente delincuencia, o medo á violencia e a falta de lei, elixiron este lugar como último reduto de paz. Unha madrugada tres intrusos conseguen entrar no lugar para roubar nunha casa. Durante o ataque, é asasinada unha anciá, pero os dous ladróns son abatidos pola garda privada. O terceiro ladrón logra fuxir e agóchase no interior da zona. Logo dunha áspera deliberación e conscientes da corrupción e ineficiencia reinante, a maioría dos veciños deciden facer xustiza pola súa conta.