DATOS DO FILME:

Título orixinal: Star Wars Episode VI : Return of the Jedi

Ano: 1983

Duración: 120 minutos.

País: Estados Unidos

Dirección: Richard Marquand

Producción: Howard Kazanjian

Guion: George Lucas, Lawrence Kasdan

Música John Williams

Idade recomendada: Tódolos públicos

SINOPSE:

Luke Skywalker e a princesa Leia deben viaxar a Tatooine para liberar a Han Solo. Para conseguilo, deben infiltrarse na perigosa gorida de Llaba O Hutt, o delincuente máis temido da galaxia. Unha vez reunidos, o equipo recruta a tribos de Ewoks para combater ás forzas imperiais nos bosques da lúa de Endor. Mentres tanto, o Emperador e Darth Vader conspiran para converter a Luke ao lado escuro, pero o mozo Skywalker, pola súa banda, está decidido a reavivar o espírito do Jedi no seu pai. A guerra civil galáctica culmina nun último enfrontamento entre as forzas rebeldes unificadas e unha segunda Estrela da Morte, indefensa e incompleta, nunha batalla que decidirá o destino da galaxia.


Intro en galego