DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: The grand seduction.

Ano: 2013.

Nacionalidade: Canadá.

Xénero: Comedia.

Duración: 113 minutos.

Idade recomendada: Maiores de 7 anos.

Dirección: Don McKellar.

Produción: Barbara Doran e Roger Frappier.

Guión: Ken Scott e Michael Dowse.

Fotografía: Douglas Koch.

Música: Maxime Barzel, Paul-Étienne Côté e Francois-Pierre Lue.

Reparto: Brendan Gleeson, Taylor Kitsch, Liane Balaban, Gordon Pinsent, Anna Hopkins, Rhonda Rodgers, Geoff Adams, Lawrence Barry, John Bartlett, Carly Boone, Mark Critch, Cathy Jones, Peter Keleghan, Steve O'Connell, Sean Panting.

SINOPSE:

Os habitantes de Tickel Head, unha vila costeira do Canadá, outrora orgullosos pescadores, hoxe vense obrigados a vivir de subsidios. O seu destino pode cambiar cando unha empresa pretende instalar unha pequena fábrica, pero cunha condición: que a vila teña un médico residente. Os habitantes non o ven posible, pero axiña se decatan de que un novo doutor deberá pasar un mes en Tickel Head. Conscientes da súa única posibilidade, deciden converter a vila no lugar ideal para converterse no fogar do médico. Así comeza a gran sedución.


Tráiler en galego

Trailer en español