DATOS DA PELÍCULA:

Título orixinal: The lake house.

Ano: 2006.

Nacionalidade: EE.UU.

Xénero: Drama / Fantástico / Romántico.

Duración: 94 minutos.

Idade recomendada: Maiores de 12 anos.

Dirección: Alejandro Agresti.

Produción: Doug Davison.

Guión: David Auburn, Eun-Jeong Kim e Ji-na Yeo.

Música: Rachel Portman e Paul M. van Brugge.

Reparto: Sandra Bullock, Keanu Reeves, Dylan Walsh, Christopher Plummer, Shohreh Aghdashloo, 

SINOPSE:

Unha doutora chamada Kate Foster comeza a cartearse co arquitecto Álex Wyler, inquilino da casa do lago que Kate abandonou para marchar traballar a un hospital de Chicago. Para sorpresa da doutora, Álex dille que é o primeiro habitante da casa e que antes da súa chegada ninguén vivira nese lugar. Pouco despois ambos os dous descubrirán que se cartean con dous anos de distancia temporal.